Visitar Betanzos. Entre os ríos Mendo e Mandeo, atópase a cidade de Betanzos, unha das máis bonitas da provincia da Coruña. Betanzos foi unha das capitais do Antigo Reino de Galicia. A cidade é coñecida como Betanzos dos Cabaleiros polas importantes liñaxes que a habitaban durante a Idade Media.
Estes son algúns dos lugares imprescindibles que ver en Betanzos. Ademáis, entre visita e visita, non vos podedes esquecer de probar a nosa famosa tortilla de Betanzos cunha copa do viño de Betanzos, tamén coñecido como o branco lexítimo, unha das 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de viños de Galicia.
Praza Irmáns García Naveira

Ponte Vella

Museo das Mariñas

O museo, referente da comarca, comparte instalacións coa biblioteca e o arquivo municipal no antigo Mosteiro de Santo Domingo. Pódese contemplar diversas mostras de pezas arqueolóxicas procedentes da comarca, así como varias seccións dedicadas á etnografía, ao traxe galego e ás táboas do apostolado da escola de Rubens. Destaca a colección de tapices e encaixes, depósito da Fundación Jiménez Cossío.
Portas da vila

Praza de Fernán Pérez de Andrade

Aquí atópanse a igrexa de San Francisco, que alberga destacados sepulcros de nobres medievais, incluído o impresionante sartego de Fernán Pérez de Andrade, e a fermosa igrexa de Santa María de Azogue. Esta última atesoura o único calendario agrícola medieval completo de Galicia, situado nun dos capiteis da capela sur.
Praza da Constitución

Na praza da Constitución, destacan diversos edificios civís construídos ao longo de varios séculos, A Casa do concello, o Pazo de Bendaña, A Fundación CIEC, o Pazo de Lanzós…
Casco histórico

É un dos máis belos centros monumentais de Galicia: o centro histórico de Betanzos, declarado Conxunto Histórico-Artístico. Aquí aínda se respira o ambiente e o esplendor medieval da que foi unha das antigas provincias do Reino de Galicia.
Lavadoiro

Edificio de marcado carácter industrial, de uso público e gratuíto, que está situado á beira do río Mendo, moi preto da ponte de As Cascas, en Betanzos. Sorprende pola súa coidada decoración.
O porto


O porto comercial de Betanzos logrou unha gran relevancia en Galicia desde o século XIV, xusto cando as peregrinacións marítimas comezaron a vivir o período de maior esplendor, que se prolongaría ata finais do século XV. O de Betanzos foi, tras o da Coruña, o porto que máis peregrinos procedentes dos países atlánticos europeos recibiu.
Parque do Pasatempo

Aínda que agora debido ao seu mal estado non se pode visitar, o Parque do Pasatempo foi concibido como un parque enciclopédico a modo da época, onde ven plasmadas as vivencias que este indiano adquirio nas súas numerosas viaxes. Foi deseñado por Don Juan García Naveira e a súa construción iniciouse entre 1893 e 1895.
Visitar Betanzos
Faite coas túas herbas de San Xoán
23 de xuño do 2021
17h a 18:30h – 19h a 20:30h
Grupos reducidos
Prezo: 12 € (adultos e maiores de 12 anos), 6€ (menores de 12 anos). Seguro incluído.
Lugar de encontro: Fonte Diana Cazadora (Betanzos)
Zona Betanzos e arredores