Paco Porto

Son unha persoa sociable, divertida e amante do DIY. Estudiei Filoloxia Inglesa e son Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística. Tamén fixen cursos relacionados co Lecer e Tempo Libre. Camiñante incansable polos arredores da Reserva das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Teño experiencia en deseño e execución de proxectos de intervención socioeducativa, en ámbitos diversos como a igualdade, a educación non formal ou a formación de persoas adultas. Apaixóname traballar con persoas e grupos, acompañármonos na construción colectiva de condicións de vida máis sostibles.

Rocío Osorio

Son Licenciada en Belas Artes na especialidades de Pintura na Universidade de Salamanca con Máster en Arte Contemporánea e outro en Arte Gráfico. Son especialista en Grabado e Técnicas de Estampación e estou formada en Dinamización Comunitaria e Igualdade de Xénero.

Teño experiencia na docencia e no deseño e excecución de proxectos culturais e artísticos. Apasióname traballar con persoas e grupos en contextos nos que se favoreza a creatividade e o empoderamiento das persoas.

Espe Porto

Historiadora da arte, entre as miñas paixóns está a fotografía, a literatura, andar polas corredoiras e a natureza. No eido cultural, formeime en historia da arte e fixen un máster en Xestión e Avaliación do Patrimonio. Nos últimos tempos estoume especializando nas áreas de turismo. Son Guía Oficial do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atánticas.

Teño experiencia desenvolvendo proxectos educativos con infancia e adolescencia, e apoiando procesos participativos relacionados có territorio e o urbanismo.

 

COMPáS Proxectos de Animación Sociocultural e Turística

Compás é unha empresa de servizos culturais, sociais e educativos que conta cun elenco de profesionais con experiencia no ámbito sociocultural e artístico que se unen nun novo proxecto que bota a andar a principios do ano 2020.

Desde Compás definimos novas estratexias para dinamizar a nosa contorna e para xerar contidos, programacións, eventos e proxectos de carácter cultural e social destinado a persoas que buscan unha nova forma de desfrutar do lecer e tempo libre a través de novas ferramentas da educación non formal.

Os nosos eixes transversais son: igualdade de xénero, sustentabilidade, a defensa da cultura propia e a transformación continua.