A ruta ecoturística A Moa e o Pan, trasladarache á outra época anterior. Unha época na que a cultura e a economía galega xiraba ao redor das actividades dos muíños. Un espazo de encontro social que mentres transcorría a moenda sucedíanse os contos, as cantigas e os bailes.

Ademais coñecerase o uso e tipo de moas, as diferentes partes do muíño e o tipo de cereais que se levaban a moer. O río Pelamios e o Concello de Betanzos serán o marco da ruta. A auga do propio río e as fontes ao longo da andaina serán coprotagonistas ao longo de 2 horas e media coa súa posterior visita ás panaderías máis antigas de Betanzos, na que poderemos ver un forno de pedra e enfariñarnos ao longo das empedradas vías da cidade.

INFORMACIÓN

Duración da Ruta Ecoturística A Moa e o Pan: 2 horas e media, 9km.
Punto de encontro: Fonte de Diana Cazadora (Praza Irmáns García Naveira, Betanzos).
A ruta inclúe: guía didáctica, mediadora do territorio, seguro de accidentes e seguro de responsabilidade civil.

Material necesario: Auga, crema solar, gorro e lentes de sol, roupa cómoda e calzado adecuado. Consultar prezos individuais e grupais.

Outras rutas de COMPáS Proxectos

Podes contratar a túa ruta con COMPáS Proxectos a través do número de teléfono 636 044 442 ou o correo electrónico buscaonorte@compas.gal

Deixar unha resposta