Paco Porto

Son unha persoa sociable, divertida e amante do DIY. Estudiei Filoloxia Inglesa e son Técnico Superior en Animación Sociocultural e Turística. Tamén fixen cursos relacionados co Lecer e Tempo Libre. Camiñante incansable polos arredores da Reserva das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Teño experiencia en deseño e execución de proxectos de intervención socioeducativa, en ámbitos diversos como a igualdade, a educación non formal ou a formación de persoas adultas. Apaixóname traballar con persoas e grupos, acompañármonos na construción colectiva de condicións de vida máis sostibles.

Rocío Osorio

Son Licenciada en Belas Artes na especialidades de Pintura na Universidade de Salamanca con Máster en Arte Contemporánea e outro en Arte Gráfico. Son especialista en Grabado e Técnicas de Estampación e estou formada en Dinamización Comunitaria e Igualdade de Xénero.

Teño experiencia na docencia e no deseño e excecución de proxectos culturais e artísticos. Apasióname traballar con persoas e grupos en contextos nos que se favoreza a creatividade e o empoderamiento das persoas.

Espe Porto

Historiadora da arte, entre as miñas paixóns está a fotografía, a literatura, andar polas corredoiras e a natureza. No eido cultural, formeime en historia da arte e fixen un máster en Xestión e Avaliación do Patrimonio. Nos últimos tempos estoume especializando nas áreas de turismo. Son Guía Oficial do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atánticas.

Teño experiencia desenvolvendo proxectos educativos con infancia e adolescencia, e apoiando procesos participativos relacionados có territorio e o urbanismo.

 

Responsabilidade Social Empresarial | COMPáS Proxectos de Animación Sociocultural e Turística

Visión, misión e valores de COMPáS Proxectos

En COMPáS Proxectos, a nosa misión é que as persoas gocen do seu lecer e tempo libre, mellorando a súa felicidade e calidade de vida. Para iso, COMPáS ofrece propostas de lecer, tempo libre e ecoturismo creativas e dinámicas, provendo un ambiente divertido e seguro, respetando a natureza e o territorio. Fomentando valores de igualdade, sostenibilidade e medioambientáis á comunidade. Inspirando a creación dun mundo mellor.

Visión

Posicionarse como a empresa de referencia de actividades de lecer, tempo libre e ecoturismo no territorio administrativo da provincia da Coruña para todo tipo de idades. Ao mesmo tempo xerar accións que estimulen as alianzas coas organizacións sociais e culturais que aporten socialmente en diversos ámbitos do territorio, a favor da igualdade, o empoderamento das persoas, a conservación do medioambiente e o desevolvemento social. 

Valores

Creatividade e Innovación
Inventar ou mellorar ideas que poidan convertirse en productos, proxectos ou programas, chegando a solucións orixináis, auténticas experiencias que promoven un cambio na sociedade.

Calidez
Manter un trato cercano, amable, afectuoso, sensible, de respeto, que implica unha boa predisposición para escoitar e empatizar coa persoa, coa súa contorna, xerando relacións de confianza.

Adaptabilidade
Capacidade de adaptación ás necesidades emerxertes e aos cambios (da contorna, do momento, económicos estructurais, etc.) que se reflexa nunha flexibilidade na modificación e aportación de procedementos, accións, intervencións a ditos cambios, optimizando ao máximo os recursos.

Cooperación
Capacidade de traballar en equipo, no que as partes implicadas buscamos solucións conxuntas, intercambiamos coñecementos, favorecemos a creación de canáis de comunicación e participación, co propósito de alcanzar uns fins e obxetivos comúns.

Solidariedade
Sentimento de colaboración, participación e actuación a favor da xustiza social, e de que quenes sufren situacións de desigualdade.

Ecoloxía 
Divulgación dos valores naturais. Fomentar a educación ambiental, concienciación ambiental e o coñecemento ecolóxico, de actitudes e valores para lograr a conservación do medioambiente.

Desenvolvemento sostible
Uso e goze dos recursos naturais para conseguir o desenvolvemento económico e social da comarca de Betanzos, asegurando o mantemento e a preservación para as novas xeracións.

Sostenibilidade ambiental
Fomentar a responsabilidade consciente sobre o ecolóxico, mantendo o equilibrio e preservación dos recursos naturais e mantendo os ecosistemas saudables.

Ecoturismo
Contemplación, goce e coñecemento da natureza

Equidade
Promover a diversidade das persoas como valor engadido. Favorecer o respeto ás características de cada persoa ofrecendo posibilidades de desenvolvemento específicas.

Emoción
Espallar alegría e felicidade.