Aínda que adaptados ás circunstancias que impón o estado de alarma, imos celebrar con Roxin Roxal os Roteiros de Primavera en 2021!

Entre regos é un percurso circular que sae da Praza de Afonso IX cara a ponte da vía do tren para subir ata a Igrexa de Tiobre. Logo camiñaremos até Touriñao do Medio e cruzaremos entre o arboredo e os regos para voltar e visitar a Igrexa da Virxe do Camiño.
A actividade desenvolverase coas medidas de seguranza propias da actual situación sanitaria. Uso de máscara obrigatorio, desinfección de mans e mantemento da distancia interpersoal. Grupos separados de 8 participantes (max).

Esta actividade, que é gratuíta, faise en colaboración con Compás, iniciativa para aposta en valor e a promoción do patrimonio natural, etnográfico, artístico e arqueolóxico da nosa bisbarra. Tres monitores guiarán o percurso en grupos de oito persoas. A actividade estará limitada a vinte participantes, anotados por orde de inscrición e con prioridade para socios e socias de RR.

Saída: 9.30 horas da Praza de Afonso IX en Betanzos.
Entre o 1 e o 16 de abril pódese reservar praza nos correos da asociación, no novo ola@roxinroxal.gal ou no antigo correo roxinroxal@yahoo.com.

Deixar unha resposta