Título: Ra Zampamoscas
Descrición da actividade:
Colle o tubo do papel hixiénico e o pintamos. Debuxa nunha cartolina a contorna das patas da ra, lembra que as dúas de diante teñen catro dedos. Pega as patas no tubo de papel hixiénico, dúas por diante e as outras dúas na parte de detrás. Pon pegamento no tubo na zona de detrás da rá e presiónao pechando o tubo.
Debuxa os ollos na cartolina e recórtaoos. Unha vez que os teñas pega os ollos na parte de diante do tubo.
Fai un buraco no tapón pola parte que enrosca, pasa o fío e faille un nó para que non escape. Fai un buraco no tubo perto da boca da rá pasa a outra parte do fío e faille outro nó.
Xa soamente falta que te poñas a xogar !!!
Recursos materiais:
- Tubo de cartón, excedente de papel hixiénico (Material de refugallo)
- Tapón dun cartón de leite (Material de refugallo)
- Cartolinas de cores
- Lapis
- Cordón duns 10 a 15 cm
- Punzón
- Tesoira
- Pintura acrílica
- Ceras
- Pegamento
Webgrafía:
Reserva das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) conta con varios espazos naturais protexidos no seu interior, como Zonas de Especial Conservación (ZEC),Monumentos Naturais e Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).
+ Obradoiros Creativos: