Xabón artesanal

15,50  IVE

XABÓN ARTESANAL
sábado, 12 de decembro de 2020 (3ª quenda)
18:00h.-19:30h.
Prezo: 15,50€
Prazas limitadas
Reservas: 636 044 442
Hotel Garelos, Betanzos

3 dispoñibles

Categoría:

Descripción

Xabón Artesanal 3ª quenda

Neste taller aprenderemos a facer un xabón artesanal de glicerina. Que é o xabón de glicerina? O primeiro que temos que ter claro é que tipos de xabón hai e as súas características. Atendendo ao seu formato, podemos clasificar o xabón en dous grandes grupos: o xabón líquido e o sólido. Dentro do xabón líquido atopamos, por exemplo, o xel de ducha ou o xabón de mans. Mentres, ao grupo do sólido pertencen as pastillas de xabón, tamén coñecidas como xabón de tocador. Segundo os ingredientes que conteñen e o proceso de elaboración, poden ser de xabón de aceite ou de xabón de glicerina.

O xabón de glicerina trátase dun xabón neutro, cun pH moi similar ao da pel, por iso limpa ben sen ser agresivo. De feito, está recomendado para todo tipo de peles, mesmo para as máis sensibles. Este xabón está elaborado a base de glicerina vexetal e non contén graxas animáis. Ademáis é hipo alerxénico, o que diminúe o risco de provocar reaccións alérxicas, como proídos ou sarpullidos. Tamén é un bo limpador, o que o converte nun aliado para as peles graxas. Axuda a eliminar as toxinas da pel, os puntos negros e as canelas, por iso recoméndase para péles con tendencia á acne. Aos seus beneficios hai que sumar o seu poder hidratante, perfecto para peles secas e maduras.

O xabón de glicerina é un produto de alta calidade que se elabora seguindo un rigoroso proceso de fabricación. Estas bases están preparadas para enriquecer e personalizar! Por iso é sinxelo e práctico traballar con elas. A glicerina coa que se fabrican estas bases de xabón achégalles un extra de suavidade. Ademáis teñen propiedades para acondicionar a pel e hidratala. De feito a glicerina vexetal é un gran humectante que axuda a que a pel non perda a súa humidade natural e estea sempre ben hidratada. A partir de aí poderás enriquecelos segundo as necesidades da túa pel e coas esencias que máis che gusten

O resultado? Un xabón coa forma, o aroma e a cor que ti prefiras e o mellor de todo, repleto de propiedades para a pel. E é que aos beneficios que xa de seu ten a glicerina hai que sumar os que se lle poden agregar con infinidade de principios activos. Todo de forma natural!

 

XABÓN ARTESANAL
Sábado, 12 de decembro de 2020 (3ª quenda)
18:00h.-19:30h.
Prezo: 15,50€
Prazas limitadas
Reservas: 636 044 442
Hotel Garelos, Betanzos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xabón artesanal”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *