Ruta da Auga e da Biosfera | 16 de outubro

20,00  IVE 21%

8 dispoñibles

Descripción

Ruta da Auga e da Biosfera é unha nova serie de roteiros ecoturísticos pola natureza das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, recoñecido territorio dentro da Rede de Reservas da Biosfera da UNESCO . O roteiro circulará polo concello de Paderne, na parroquia de Souto na que ademáis gozaremos dos muiños de Chantada (Souto, Paderne) e do observatorio de aves de souto. Unha ruta ecoturística para ver a paisaxe cando a luz vai crecendo, unha oportunidade para escoitar e ver a fauna que sae cada novo día.

Ruta sobre o patrimonio natural, material e popular dos Muíños  e a súa impronta na cultura galega e o pan.

A Ruta da Auga e da Biosfera xunto coa visita  aos Muíños de Chantada, trasladarache á outra época anterior. Unha época na que a cultura e a economía galega xiraba ao redor das actividades dos muíños. Un espazo de encontro social que mentres transcorría a moenda sucedíanse os contos, as cantigas e os bailes. Ademáis coñecerase o uso e tipo de moas, as diferentes partes do muíño e o tipo de cereais que se levaban a moer.

Como reservar: Por correo electrónico: buscaonorte@compas.gal o por teléfono: + 34 636044442

Saída ás 11 horas, é necesario ser puntual.

Punto de encontro: 
Igrexa de Santa María de Souto
Cando: 16 de outubro de 11:00h a 13:30h
A quén está dirixido: para todos os públicos.
Percorrido: 8 km.
Inclúe: Mediadora do territorio, Seguro para as persoas participantes. Botellín de auga.
Inscripcións: ata completar aforo (10 prazas)

Que teño que levar?
Só necesitarás un calzado adecuado para camiñar por carreiros, auga, gorro, crema solar, lentes de sol e roupa cómoda. Se hai previsión de choiva, un paraugas ou chubasqueiro.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ruta da Auga e da Biosfera | 16 de outubro”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *