¡Oferta!

Ruta Albores da Biosfera VII Roibeira (Betanzos) | 27 de xuño

13,00  IVE 21%

10 dispoñibles

Descripción

Albores da Biosfera é unha serie de roteiros pola contorna das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, declaradas pola UNESCO coma Reserva da Biosfera, na que gozaremos da variación da paisaxe ao ritmo da luz do Sol.

Goza da natureza e do patrimonio da nosa comarca na Ruta Ecoturística Albores da Biosfera visitando a zona de Roibeira, no concello de Betanzos.  Donde o río Mendo é o principal protagonista, na que cataremos a auga da fonte de Picachá,  pasaremos pola ponte medieval de Roibeira, gozaremos da vida do río e subiremos cara a igrexa de San Martiño de Bravío para voltar camiñando entre hortas e viñedos. Unha oportunidade de trasladarnos aos ríos e fontes de Betanzos.

Como reservar: Por correo electrónico: buscaonorte@compas.gal o por teléfono: + 34 636044442

Saída ás 10 horas, é necesario ser puntual.

Punto de encontro: Praza de Afonso IX (Betanzos)

Cando: 27 de xuño 10:00h a 13:30h
A quén está dirixido: para todos os públicos.
Percorrido: 8 km.
Dificultade: Baixa
Inclúe: Mediadora do territorio e Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para as persoas participantes.
Non inclúe: comida nin bebida.
Inscripcións: ata completar aforo.

 

Que teño que levar?

Só necesitarás un calzado adecuado para camiñar, auga, gorro, crema solar, lentes de sol e roupa cómoda. Se hai previsión de choiva, un paraugas ou chubasqueiro.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ruta Albores da Biosfera VII Roibeira (Betanzos) | 27 de xuño”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *