Ruta A Moa e o Pan

(3 valoración dos clientes)

18,00  IVE

Sábados 10:00 a 12.30h (Outras datas consultar)
Se tes preferencia por outro horario contacta con nós: 636 044 442 ou buscaonorte@compas.gal

Ruta A Moa e o Pan (5 km). Ruta educativa sobre o funcionamento dos muíños e a transmisión cultural do patrimonio inmaterial e material galego. Betanzos. (8 persoas por quenda). Grupo mínimo 4 persoas.

Prezo: 18 €. Seguro incluído.

8 dispoñibles

Descripción

RUTA A MOA E O PAN

Ruta sobre o patrimonio material popular dos Muíños  e a súa impronta na cultura galega e o pan.

A ruta A Moa e o Pan, trasladarache á outra época anterior. Unha época na que a cultura e a economía galega xiraba ao redor das actividades dos muíños. Un espazo de encontro social que mentres transcorría a moenda sucedíanse os contos, as cantigas e os bailes. Ademáis coñecerase o uso e tipo de moas, as diferentes partes do muíño e o tipo de cereais que se levaban a moer. 

O río Pelamios e o Concello de Betanzos serán o marco da ruta. A agua do propio río e as fontes ao longo da andaina serán coprotagonistas ao longo dunha hora e media coa súa posterior visita ás panaderías máis antigas de Betanzos, na que poderemos ver un forno de pedra e enfariñarnos ao longo das empedradas vías da cidade.

Saída ás 10 horas, é necesario estar puntual.
Punto de encontro: Fonte da Diana Cazadora (Praza García Irmáns, Betanzos) Google Maps

Como reservar: Por correo electrónico: buscaonorte@compas.gal o por teléfono: + 34 636044442

Horario: 10:00h a 12:30h
Cando: Sábados  de cada mes (Outras datas consultar)
A quén está dirixido: para todos os públicos.
Percorrido: 5 km.
Inclúe: dinamizador e seguro de responsabilidade civil e de accidentes para as persoas participantes.
Non inclúe: comida nin bebida.
Prazas: máximo 8 persoas. Grupo mínimo 4. En caso de non alcanzar o número mínimo ou por causas metereolóxicas se tiveses que cancelar o paseo devolveríanse os cartos.
Inscripcións: ata completar aforo.

Que teño que levar?

Só necesitarás un calzado adecuado para camiñar por carreiros, auga, gorro, crema solar, lentes de sol e roupa cómoda. Se hai previsión de choiva, un paraugas ou chubasqueiro.

Unha pincelada de historia sobre Betanzos

Betanzos é unha vila creada no ano 1219 polo rei Afonso IX. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465 e foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. Betanzos cidade declarada BIC, conxunto histórico-artístico é referencia do gótico galego ademáis das súas murallas e igrexas como as de San Francisco, Santa María do Azougue, Torre de Lanzós ou a Igrexa de Santiago.

A paraxe natural dos ríos Mendo, Mandeo e Pelamios  ademáis da ría de Betanzos conforman un elemento de vital importancia dentro da Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

 

Información adicional

Idade

Adultos (+18), Idades entre 9 e 17 anos

Sábados Xullo e Agosto 2020

18 de xullo, 1 de agosto, 8 de agosto, 15 de agosto, 22 de agosto, 29 de agosto

3 valoracións en Ruta A Moa e o Pan

  1. Patri Fdez

    Unha experiencia moi recomendable mesmo para os betanceiros para descubrir historias cercanas moi interesantes. Repetiremos!

  2. Fátima P. V.

    Ruta moi interesante coa que aprender sobre a preciosa contorna de Betanzos, e con moi boas explicacións dos guías. Un dez!

  3. Santiago Fernández

    Ruta sinxela e didáctica. Contacto coa natureza e coa nosa historia. Grazas Compás proxectos.

Engadir unha valoración

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *