¡Oferta!

Paseo Albores da Biosfera II: Pazo de Mariñán | 17 de outubro

10,95 15,95  IVE 21%

Limpiar

Descripción

Albores da Biosfera é unha serie de roteiros ecoturísticos pola contorna das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, declaradas pola UNESCO coma Reserva da Biosfera, na que gozaremos da variación da paisaxe ao ritmo da luz do Sol.

Goza da natureza e do patrimonio da nosa comarca na Ruta Ecoturística Albores da Biosfera visitando o Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo Unha experiencia de encontrase coa natureza, a paisaxe intervida pola humanidade dos seus xardíns e a observación das aves da contorna.

Durante 2 horas e media  teremos a oportunidade de ver e comprender a importancia da Ría de Betanzos, observar as aves da Reserva da Biosfera nas primeiras horas do día, pasear entre árbores dos xardíns e visitar e coñecer a historia do Pazo de Mariñán.

Como reservar: Por correo electrónico: buscaonorte@compas.gal o por teléfono: + 34 636044442

Saída ás 11 horas, é necesario ser puntual.

Punto de encontro: Pazo de Mariñán (Bergondo)

Cando: 17 de outubro ás 11:00h ata as 12:30h
A quén está dirixido: para todos os públicos.
Percorrido: 6 km.
Dificultade: Baixa
Inclúe: Mediadora do territorio e Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes para as persoas participantes.
Non inclúe: comida nin bebida.
Inscripcións: ata completar aforo.

Que teño que levar?

Só necesitarás un calzado adecuado para camiñar, auga, gorro, crema solar, lentes de sol e roupa cómoda. Se hai previsión de choiva, un paraugas ou chubasqueiro.

Información adicional

Idade

Menores de 18 anos, Persoas Adultas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Paseo Albores da Biosfera II: Pazo de Mariñán | 17 de outubro”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *