¡Oferta!

Obradoiro Ambientador sólido. 26 de xuño

22,00  IVE 21%

8 dispoñibles

Descripción

Este mes temos un novo e orixinal taller de cosmética natural, nesta ocasión un Obradoiro de ambientadores sólidos ou “Wax Bar”.

Como quizais xa sabes, a maioría dos ambientadores ver que podes comprar en tendas fabrícanse con parafina obtida do petróleo, que libera no aire compostos tóxicos, e conteñen tamén perfumes sintéticos.

Con este obradoiro aprenderás a fabricar os teus propios ambientadores usando cera vexetal, aceites esenciais e herbas ou flores secas da túa elección. Así, poderás fabricar estas bonitas pezas de artesanía e ambientar o teu fogar de forma natural, sen danar a túa saúde nin a contorna e ademais aproveitar os moitos beneficios que pode proporcionarche a aromaterapia.

Unha cita para dar renda solta á túa creatividade e pasar un intre moi divertido combinando aceites e cores que lle darán outro aire á túa casa.

OBRADOIRO DE AMBIENTADORES SÓLIDOS
Sábado, 26 de xuño de 2021
11:00h- 13:00h.
Prazas limitadas
Reservas: 636 044 442
Hotel Garelos, Betanzos

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Obradoiro Ambientador sólido. 26 de xuño”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *