Kit PINs. Fai o teu propio pin

18,00  IVE

Con Kit PINs poderás crear os teus propios pins de maneira creativa e divertida. Nel atoparás tódolos materiais e instruccións para poder facelos.

Edición limitada: 20 kits

17 dispoñibles

Descripción

Desde Compás Proxectos estamos a realizar kits creativos para que os poidas facer na túa casa. Este kit que tes entre as mans leva un pouco do noso pobo de Betanzos, capital do Antigo Reino de Galicia. A través do proceso creativo irás revivindo a nosa historia, viaxando polas nosas rúas e gozando do noso patrimonio.

Se queres visitar Betanzos tes máis información na páxina web de Turismo do Concello de Betanzos.

Este kit “fai o teu propio pin” inclúe láminas de acetato nas que podes debuxar ou calcar unha imaxe e recortala coa tesoira. Cando lle aplicas calor reduce o seu tamaño e se volve máis groso mantendo a forma coa que foi recortado.

Con este kit non solo traballaremos con plástico flexible, se non que te ensinaremos a utilizalo. Amais contarás con ilustracións e todo o preciso para crear uns PINS únicos feitos por ti cuns acabados alucinantes!

O plástico máxico é un acetato non tóxico no que se pode debuxar ou calcar calquera debuxo. Ideal se che gusta debuxar e queres descubrir outros formatos para as túas ilustracións, xa que poderás facer PINS, colares, chaveiros cos teus deseños de maneira casi instantánea e divertida.

O kit contén:
– 2 láminas de plástico máxico (acetato flexible)
– 6 monturas para facer pines
– 8 debuxos con deseños para debuxar
– Instruccións ilustradas paso a paso
– Pack 4 lápices de cores
– 1 Tesoira escolar
– 1 Pegamento Supergen Incoloro 20 ml
– Receita “Galletas de Avea, cenoria e anacos de chocolate” da Artesa da Moza Crecha
– Carpeta de cartulina estampada a man

 

Se tes calquera cuestión contacta con nós.
Se queres facer un agasallo máis personalizado, por exemplo queres agasallar á túa sobriña ou sobriño, cuns pins de animáis, flores, alimentos, etc. ponte en contacto con nós e farémosche unha proposta á medida.

Información adicional

Peso 0.15 kg
Dimensións 18 × 2 × 26 cm

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Kit PINs. Fai o teu propio pin”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *