EcoRuta: Faite coas túas herbas de San Xoán. 23 de xuño

10,00 13,00  IVE 21%

Limpiar

Descripción

EcoRuta | Faite coas túas herbas de San Xoán

 

Cando? 23 de xuño do 2021
Horario: 19h a 20:30h

Info práctica:

  • Prezo: Prezo: 13 €
  • Inclúe: Material didáctico e seguro.
  • Punto de encontro: Hórreos da Galera (Paseo da Galera, Betanzos) Link ao mapa do Punto de Encontro
  • Duración: Entre 90 e 120 minutos
  • Obrigatorio vir coa máscara sanitaria
  • Recomendacións: Traer roupa e calzado cómodo, hidratarse convenientement e achegarse cun cesto ou bolsa para a recollida das herbas

En que consiste?
Paseo (6km.) pola contorna de Betanzos na procura das diferentes herbas:

Fiuncho: contra o mal de ollo e os espíritus malignos.
Fento macho: a lenda día que vota flor pola noite de San Xoán.
Xesta: antigamente usábase para facer vasoiras e barrer a casa para vota fora dela os malos espíritus.
Abeloura o herba de san Xoán:  “a herba de san Xoán limpa a cara de grans”.
Malva: “Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar”.
Romeu: Herba que purifica os fogares
Herba luísa: Herba especial para os namoríos.

Cada persoa ao final da actividade terá algunha destas flores para facer a agua de san Xoán e conseguir a eterna xuventude e asustar aos malos espíritus na noite máis máxica: a noite de San Xoán.

A tradición

Cada 23 de xuño de cada ano, as nosas avoas saen na procura das herbas de San Xoán para lograr a eterna xuventude e alonxar de nós aos malos espíritus. Podo dar boa fé disto porque a miña avoa ten 91 anos e a súa pel é fermosa. A procura das herbas pode variar dependendo da zona de Galicia na que te atopes. Nós na búsqueda da identidade do norte camiñaremos entre sendeiros bañados pola ría de Betanzos, polos orixes da vila en Betanzos o Vello e Caraña. Para atisvar desde o alto a cidade de Betanzos, patrimonio histórico-artístico.

Xa entrada á noite poderase saltar as cacharelas (eventos privados polo mal do COVID) unha e outra vez para seguir afastando aos malos espíritus e os virus malignos coma o COVID.

Información adicional

Idade

Adultos (+18), Idades entre 9 e 12 anos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “EcoRuta: Faite coas túas herbas de San Xoán. 23 de xuño”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *