Garelos Social Club

40,00  IVE

Un espazo para facer o que che gosta no que soamente terás que vir con gañas de pasalo ben. Todas xuntas crearemos o Club que queremos.

8 dispoñibles

Descripción

“Non teñas nada no teu fogar que non tiña un uso ou que nos creas que é belo”
William Morris

Máis que un Club

Se gozas co debuxo, a pintura, a arte e e da filosofía DIY, este é o teu Club: GARELOS SOCIAL CLUB 

Garelos Social Club, é unha proposta de Compás Proxectos e Hotel Garelos para a creación colectiva e colaborativa. Un espazo no que compartir experiencias de índoles artístico e creativo. 

Garelos Social Club é un Club para aprender a facer cousas que che gostan e atoparte con outra xente á que lle gustan as mesmas cousas ca ti. Iremos dende á estampación manual á encadernación, pasando pola recollida de flores, o debuxo ao natural ou o origami. Faremos os nosos propios cadernos, fabricaremos papel e teremos o noso cartafol personalizado. Ao ser de natureza curiosa, interesarémonos por todas as artes e estaremos atentas ás tendencias que vaiamos atopando polo camiño.

Un espazo creativo

As clases terán un ensino personalizado, sexa cal for o teu nivel. Traballaremos en grupos reducidos e estaremos abertas ás inquietudes e tendencias de cada alumna. Coñecerás distintas técnicas e materiais. O noso obxectivo é que goces dun ambiente creativo multidisciplinar que nos permita avanzar na nosa capacidade de expresarnos a través da arte.

Desde Garelos Social Club fomentaremos diferentes propostas e tiraremos do fío da creatividade e inquedanzas de aquelas que participen. Un espazo para facer o que che gosta no que soamente terás que vir con gañas de pasalo ben. Todas xuntas crearemos o Club que queremos.

Desexando comezar?

Donde? Hotel Garelos, Betanzos.
Cando? Os mércores de 19:00h. a 21:00h.
Con quén? 
Co equipo de Compás Proxectos, detrás están  Rocío e Fran.
Que preciso? Gañas de pasalo ben. Non se precisan coñecementos previos. Estamos para aprender!
Debo levar o meu material? Sí. Necesitarás un block para debuxar e ferramentas para debuxar e pintar.
Existe límite de prazas?  Sí, o aforo é limitado a 8 persoas.
Cuota Garelos Social Club: 40€ /mes.

Ventaxas GARELOS SOCIAL CLUB

Ata un 5% de desconto nas túas compras na tenda online de www.compas.gal
Sorteos e eventos exclusivos para as persoas socias
Prezos especiais para os Talleres Creativos
Posibilidade de asistir cos teus fillos e fillas

Garelos Social Club

CONTACTAR

Para máis información podes poñerche en contacto comigo no teléfono 636 044 442 ou desde o formulario de contacto.

Información adicional

Día escollido

, , , ,

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Garelos Social Club”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *