Descripción
Atardeceres da Biosfera II, Ruta ecoturística Fragas do Mandeo polo concello de Coirós pertencente á Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Unha nova serie de roteiros de poder gozar da paisaxe desde outra perspectiva ollando os cambios de luz, e o cambio do día á noite da contorna natural que rodea a Chelo.
A ruta levaranos a través das Fragas do Mandeo na contorna de Chelo a descubrir como vive o ecosistema na ausencia de luz. Ao longo da travesía veremos sapos nas ribeiras do Mandeo, píntegas, tritóns e outro tipo de animáis que teñen máis actividade de noite.
Información Útil
Saída ás 19 horas, é necesario estar puntual.
Punto de encontro: Centro de Interpretación da Natureza (Coirós) Existe un aparcadoiro na entrada do centro para deixar os coches.
Como reservar: Por correo electrónico: buscaonorte@compas.gal o por teléfono: + 34 636044442
Horario: 19:00h a 20:30h
Cando: 16 de abril de 2020
A quén está dirixido: para todos os públicos.
Percorrido: 6,5 km.
Inclúe: dinamizador e seguro de responsabilidade civil e de accidente para as persoas participantes.
Non inclúe: comida nin bebida.
Prazas: máximo 6 persoas.
Prezo: 18 € Seguro incluído
Inscripcións: ata completar aforo.
Que teño que levar?
Só necesitarás un calzado adecuado para camiñar por carreiros, auga, gorro e roupa cómoda (chaqueta ou sudadadeira e pantalón longo). Se hai previsión de choiva, un paraugas ou chubasqueiro.
Fátima P. V. (propietario verificado) –
Ruta xenial para desfrutar da contorna desde outro punto de vista; gracias á experiencia dos guías atópanse os rincóns perfectos para observar o firmamento.