¡Oferta!

VI Art Night: Especial Mascotas | 11 de febreiro

Categoría: Etiqueta:

25,00  IVE 21%

6 dispoñibles

Descripción

Art Night Especial Mascotas

Todas temos unha artista dentro de nós que necesita saír. Os Venres pola noite, nesta Art Night Especial Mascotas,  podes vir a pasalo ben connosco, pintar un cadro paso a paso e o mellor de todo… levarcho a túa casa nada máis acabar! Non se precisa experiencia, soamente ganas de coñecer xente e gozar coa pintura. Para todas as idades e todos os públicos. Non cho podes perder!.

O horario son os Venres de 20:00 h ás 23:00 h e o prezo é de 25€.

Fora tensión e fora “e que eu non sei pintar”! Se queres vivir unha experiencia de arte e viño e levarche o teu propio cadro a casa, só tes que reservar a túa entrada e vir con ganas de pasalo ben. A experiencia das art nights será dirixida por unha profesora, experta en belas artes, que vos ensinará, paso a paso durante tres horas e media, como pintar o voso cadro. Por suposto podes personalizalo coas formas e cores que máis che gusten.

I Art Night Betanzos

Acompañaremos a velada gozando dunha copa de viño ou de auga. En cada evento probaremos viños diferentes, para que ademáis de aprender a pintar, aprendamos a saborear o viño!

Nesta ocasión, a nosa pintura vai ser moi especial. Imos pintar a nosa mascota. Para elo, tedes que enviar unha foto en boa calidade da túa mascota (que salga bonita) ao correo: buscaonorte@compas.gal.

O día da Art Night a equipa de COMPáS axudarche a que pintes a mellor versión do teu can, gato, coello ou paxaro…

Donde estamos? No Hotel Garelos! en Betanzos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “VI Art Night: Especial Mascotas | 11 de febreiro”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *