Especialistas na asesoría e deseño de proxectos culturais
Deseñar un bo proxecto non depende do alcance orzamentario senón a claridade en canto ao concepto do proxecto e a adecuación dos medios técnicos ao mesmo. En moitas ocasións os proxectos resultan excesivos economicamente porque non se cuantifican desde o inicio os medios e necesidades técnicas. Debe existir un equilibrio inicial entre continente e contido. A nosa experiencia e constante formación na área permítenos ofrecer os nosos servizos como consultores. Avaliamos espazos e proxectos, a nivel técnico ou de concepto.
Deseñamos e avaliamos contidos e necesidades técnicas ad hoc. Estudamos a viabilidade e repercusión de proxectos, festivais, premios, programas e eventos de interese socio-cultural.
Asesoramos a empresas no patrocinio de programas, eventos e actividades que se axusten ao produto que traballan e/ou posicionan.
No campo da arte, o noso labor vai desde a avaliación de viabilidade de proxectos expositivos, a súa produción, comisariado, programas de coleccionismo, deseño de catálogos e edicións artísticas…
Xestión cultural
- Asesoría técnica e valoración de usos de infraestruturas culturais (centros culturais, espazos expositivos, teatros, salas de cinema e proxección…)
- Creación de novos públicos e plans de fidelización
- Deseño e valoración de proxectos culturais
- Valoración e deseño de plans estratéxicos, de actuación, viabilidade, identidade, e liñas de proxecto. Estudos de campo. Consumo cultural.
- Asesoría en medios técnicos e tecnolóxicos.
- Deseño de medios dixitais (revistas dixitais, apps…) e redes sociais
- Asesoramento en patrimonio
- Formación específica
- Ciclos de conferencias
- Organización de feiras, premios, certames e festivais
- Procura de financiamento
- Organización e xestión de premios e certames
Turismo cultural
A actividade turística fomenta o desenvolvemento do sector servizos no que o noso país é un dos máis activos do mundo. É un feito comprobado que a cultura e o turismo se atópan intimamente ligados e que a actividade dun sector potencia e complementa ao outro converténdose nun todo, hoxe, apenas indisoluble.
- Asesoría e consultoría en proxectos turístico-culturais
- Planificación e xestión de proxectos de lecer cultural
- Organización de feiras
- Proxectos europeos
