Desde Compás traballamos no deseño de actividades extraescolares para colexios. Buscamos achegar unha educación complementaria á xornada escolar, coa que desenvolver unha educación dos máis novos nunha contorna de diversión e entretemento.
Actividades Extraescolares Artísticas
Con acuarelas, carboncillo, lapis de cores, rotuladores e outros materiais, os nenos e nenas aprenderán diversas técnicas de expresión pictórica.
Talleres de manualidades
Cores, cartolinas, pegamento ou materiais reciclados son algunhas das ferramentas que os nenos e nenas utilizarán para desenvolver a creatividade e crear divertidas manualidades.

