Pegada Ecolóxica.
Residuos totais xerados: 0,33 kg/día
Residuos xerados por tipo:
Tipo de residuos | % do total |
---|---|
Orgánicos | 29% |
Papel e cartón | 26% |
Vidro | 11% |
Envases lixeiros e asimilables | 24% |
Outros | 9% |
Porcentaxe de recollida selectiva: 84%
Pegada ecolóxica por xeración de residuos: 11,75 kg CO₂/ano
Galicia posúe 11.164 km² de bosques que permiten capturar 2,5 toneladas de CO₂ por habitante e ano.
COMPáS Proxectos ten unha xeración de residuos moi baixa, un 27,5% da media galega, e a pegada de carbono dos residuos que xeramos é do 5% da media galega.
Total (residuos): 11,75 kg CO₂/ano (9,2% sobre as emisións totais medias por persoa e ano)
Desde COMPáS tamén fomentamos o Consumo Sostible e Ecolóxico:
- Fomentar hábitos alimentarios saudables e sostibles, a través da introdución de produtos ecolóxicos, frescos, locais e de tempada.
- Potenciar os sistemas de produción ecolóxica animando á incorporación de novos produtores ou á conversión dos xa existentes a ecolóxico.
- Diminuír a pegada ambiental, fomentando as canles curtas de comercialización.
- Agromar na conciencia dos nenos e nenas un modelo produtivo respetuoso.
COMPáS e A estratexia dos tres erres
Cada vez é maior a cantidade de residuos sólidos urbanos (RSU) que xeramos diariamente. O exceso de envases e embalaxes, asociado ás condutas cada vez máis consumistas, fainos producir case 1 kg de desperdicios sólidos por habitante e día.
Cada vez é maior a cantidade de residuos sólidos urbanos (RSU) que xeramos diariamente. O exceso de envases e embalaxes, asociado ás condutas cada vez máis consumistas, fainos producir case 1 kg de desperdicios sólidos por habitante e día.
Esta conduta pouco coidadosa coa conservación do medio colapsa os vertedoiros de residuos xa construídos e obriga a construír máis incineradoras de RSU, cos problemas de contaminación que isto produce.
Fronte a esta dinámica de dispendio, de usar e tirar, outras posturas defenden a chamada estratexia dos tres erres: readaptar, reutilizar, reciclar:
Readaptar: darlle a un obxecto que xa non teña utilidade un uso diferente do orixinal.
Reutilizar: volver a utilizar un obxecto co uso para o que foi concibido
Reciclar: aproveitar a materia prima dun obxecto para fabricar outro de igual ou distintas características
Estas estratexias pretenden, en definitiva:
Reducir: producir menos lixo. Aforrar e aproveitar máis eficazmente os recursos. Potenciar as industrias limpas.