paxaro volvepedras

Paxariño Volvepedras é o primeiro obradoiro do tempo que dure a corentena polo coronavirus en Galicia. Cada día iremos subindo un novo obradoiro ou actividade que se poderá ver en primicia na nosa conta de Instagram de Compás .

Título da actividade: Paxariño Volvepedras

Descrición da actividade: A actividade consiste en realizar con diferentes materiais o paxaro volvepedras ( arenaria interpres), que a podemos atopar na Ría do Burgo, que baña os concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre. Tamén é coñecida polos nomes virapedras, píllara riscada, píllara raiada ou píllara raxada.

Recursos materiais:

  • Cartulinas
  • Pegamento
  • Rotuladores
  • Lápis
  • Compás

Webgrafía:

Ebird. Proxecto de ciencia cidadá relacionado coa diversidade con máis de 100 millóns de rexistros de aves feitos polos eBirders de todo o mundo.

Turismo.gal Páxina web da Xunta de Galicia sobre destinos turísticos de Galicia.

+ Obradoiros Creativos:

Listaxe Obradoiros Creativos

Deixar unha resposta