Paraugas

Título da actividade: Paraugas de vermú

Descrición da actividade:

Recortamos un cadrado de 10cm x 10cm e o dobramos de maneira que quede un triángulo. Abrímolo e volvemos a dobrar facendo outro triángulo coas otras dúas puntas do cadrado. Volvemos a abrir e agora dobramos á metade. Abrímolo e volvemos a dobrar á metade. Dobramos cara o interior formando de novo un triángulo.

Agora faríamos metade de triángulo dobrando cada parte do triángulo á metade cara o interior, tanto por diante coma por detrás. Cando teñamos os catro triángulos dobrados volvemos a dobrar cara o interior cada un dos triángulos. Cortamos o sobrante coa tesoira. Abriríamos o papel e xa teríamos a parte superior do paraugas. De seguido colleríamos o escarbadente e polo medio faríamoslle un buraco para pasalo. Votámoslle pegamento na punta na que está en contacto co papel e xa teríamos o noso paraugas.

Recursos materiais:

  • Folios de cores
  • Tesoira
  • Pegamento
  • Escarbadentes

Bibliografía:

Confucio. O libro dos ritos. Biblioteca Dixital Mundial.

+ Obradoiros Creativos:

Listaxe Obradoiros Creativos

Deixar unha resposta