Título: Organizador Organizar T
Descrición da actividade:
Marcar o cartón de leite co rotulador permanente a zona a recortar.
Recortar o cartón de leite pola zona marcada
Repetir a acción 4 veces
Pegar dous cartóns polos laterais
Repetir a acción cos outros dous cartóns
Pegar as dúas pezas pola parte de detrás
Pintar e decorar
Recursos Materiais:
- 4 cartóns de leite (material de refugallo)
- Cutter
- Tesoira
- Regla
- Rotulador permanente
- Pinturas acrílicas
- Pincel
- Pegamento
Kit PINs. Fai o teu propio pin
Con Kit PINs poderás crear os teus propios pins de maneira creativa e divertida. Nel atoparás tódolos materiais e instruccións para poder facelos.
Edición limitada: 20 kits
Quero saber sobre a orde +
A maxia da orde de Marie Kondo
Desde COMPáS Proxectos inspirámonos na filosofía Marie Kondo, para realizar o noso Organizador Organiza T posto que a través da súa maneira de ver a orde transforma a túa casa nun espazo limpo e ordeado de forma permanente, cuns resultados que te sorprenderá e cambiarán a túa vida.
Marie Kondo, experta na orde xaponesa, axudarate a acondicionar os teus espazos dunha vez por todas con seu sinxelo método KonMari. A clave para manter a orde exitosamente está en acomodar os obxetos da túa casa, habitación, apartamento, estudio ou oficina de forma correcta, mantendo soamente aquilo que queres e limpándoo todo á vez.
Este método non so transformará o teu espazo, tamén che cambiará. Sentiraste segura, exitosa e motivada para crear a vida que queres.
A maxia da orde leva vendido máis de 2.000.000 de exemplares en Xapón e máis de 300.000 copias en Estados Unidos traducíndose a máis de 24 linguas e publicado en máis de 30 países.
Reseñas:
«Os seus libros convertíronse nun fenómeno de vendas en Xapón, o seu país natal. O seu método é unha actitude ante á vida, unha filosofía da orde. Kondo sostén que son moitos os efectos positivos que podemos ter nas nosas vidas gracias á orde: sorte, amor e éxito, entre outros»
The Sunday Times