Este Nadal a creatividade chega ao Concello de Betanzos! Estamos moi felices de contarvos que impartiremos dous talleres neste fin de ano e inicio do seguinte.

-Estampación xaponesa: Gyotaku

Para xente nova de idades comprendidas entre 12 e 35 años no que alumnado poder aprender as técnicas e recursos milenarios para imprimir peixes en diferentes soportes como papel e textil.

O Gyotaku é un método tradicional artístico xaponés. Esta técnica, consiste na impresión de peces. O nome « Gyotaku» non pode ser máis concreto sobre en que consiste a técnica: Gyo significa «peixe» e taku significa «frotar». Esta técnica era utilizada polos pescadores que querían ter un rexistro das súas mellores capturas. Desta maneira, os mariñeiros podían plasmar como era a peza capturada. Así, podían mostrala sen necesidade de levar consigo o peixe.

Anímaste a facer gyotaku connosco? Será o Martes e Luns 29 de decembro e 4 de xaneiro de 10h a 13:30h no Liceo de Betanzos

Inscripción de valdre AQUÍ (Terán preferencias as personas empadronadas en Betanzos)

-Fotografía para Instagram

Para xente nova de idades comprendidas entre 12 e 35 años no que alumnado poder aprender as técnicas e recursos necesarios para triunfar na rede e comunicar doutra maneira as súas inquedanzas. Aprenderemos os principios básicos de composición dunha imaxe e veremos diferentes materiais que se poden usar para realizar fotografías.

Faremos diferentes exercicios fotográficos e darémoste algunhas ideas para realizar fotografías orixináis e diferentes que nos abrirán as portas ao mundo da creatividade visual.

Cando? Luns e mércores, 28 e 30 de decembro de 10h a 13:30h no Liceo de Betanzos

Requisitos: Non son necesarios coñecementos previos de ningún tipo. Pero si necesitarás un teléfono móbil que teña cámara de fotos.

Inscripción de valdre AQUÍ (Terán preferencias as personas empadroadas en Betanzos)

Calquera dúbida contactar a través de whatsapp: 636044442 (Paco) ou intagram @compasproxectos

Deixar unha resposta