Obradoiros de Nadal Betanzos ACEBEpeques

ACEBEPEQUES

Obradoiros de Nadal Betanzos ACEBEpeques

A campaña de Nadal de ACEBE CCA sorteará 1.500 euros en premios entre os clientes dos comercios e empresas asociadas. A acción promocional, que ten como lema “Betanzos ilumina o teu Nadal” desenvolverase entre os días 13 e 31 de decembro e culminará co sorteo ante notario que se celebrará o 10 de xaneiro de 2022.

A mecánica será similar a outras campañas realizadas polo colectivo. Os clientes que consuman nos negocios asociados recibirán boletos para participar no sorteo de oito premios que suman un total de 1.500 euros. Haberá un premio de 500 euros, dous de 250 euros e cinco de 100 euros en Acebecheques que poderán canxearse en calquera dos establecementos asociados a ACEBE CCA.

Cada comerciante decidirá o número de rifas que entrega aos seus clientes en función do volume de compra realizada e os boletos só serán válidos se levan o selo do establecemento emisor.

As bases da campaña están dispoñibles aquí.

Se xa tes a invitación Obradoiros de Nadal Betanzos ACEBEpeques preme no link para anotarte! https://forms.gle/7jJhTpNXBZRY2NFi8

Talleres de Nadal

Como complemento á campaña comercial, a asociación organiza obradoiros de Nadal para público infantil e adulto. Os talleres serán impartidos por Compás Proxectos nunha carpa de 100 metros cadrados que se instalará na Praza Irmáns García Naveira.

Para acceder aos talleres será preciso contar cunha invitación que pode conseguirse nos establecementos asociados a ACEBE CCA e será preciso reservar praza mediante un formulario online dispoñible escaneando o código QR impreso nas invitacións.

Os obradoiros infantís “Acebepeques” impartiranse do 22 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de 11.00 a 13.00 h e de 17.00 a 19.00 horas. Os días 24 e 31 de decembro o horario será de 10.00 a 13.00 horas e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá. Están orientados a nenos e nenas a partir de 6 anos. Os menores de esta idade terán que estar acompañados dunha persoa adulta responsable deles. Terán unha duración aproximada de 45 minutos e haberá distintas opcións segundo o día e hora: A miña árbore de Nadal, Adornos de Nadal, Coroa de Nadal, Guirnaldas de Nadal, Móbil de Nadal, Tarxeta pop-up, Pinta Betanzos, Séntete artista, Gafas sorprende ao Fin de Ano, Unha vila de Nadal, Origami ou Brila coma unha estrela.

Os talleres de adultos durarán aproximadamente dúas horas e poden elixir entre Centro de mesa de Nadal e Ao calor das candeas que se impartirán os días 23 e 29 de decembro de 19.00 a 21.00 horas.

As actividades desenvolveranse seguindo os protocolos de hixiene e seguridade para a prevención da Covid-19 e baixo a supervisión de monitores.

A Campaña de Nadal de ACEBE CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Betanzos e co patrocinio de Gadis.

Deixar unha resposta