Título da actividade: O Raposo das Mariñas
Descrición da actividade:
Primeiro collemos a caixa de cereais e por unha das súas esquinas recortamos. A partir de ahí faremos as patas do raposo. Co anaco de cartón sobrante faremos a cabeza do raposo na que tentaremo recortar nunha peza marcando primeiro a contorna coas súas puntiagudas orellas. Unha vez realizada pintaremos o fociño e os ollos do Raposo das Mariñas.
Unha vez realizada esta parte pintaremos o corpo do raposo. E lle faremos a cola facéndolle unha fenda nunha das súas partes máis longa para incrustar no corpo do raposo. Feito isto pegaremos a cabeza ao resto do corpo.
O Raposo (Vulpes Vulpes), tamén coñecido coma Golpe, é un mamífero omnívoro pertencente a familia dos cánidos. O raposo é dun tamaño medio, coas orellas triangulares, cun fociño alongado e unha longa e espesa cola.
Recursos materiais:
- Tesoira
- Rotuladores de diferentes cores
- Lápis
- Pegamento
- Cartón (Materiais de Refugallo: caixa de cereais, caixas de zapatos, caixas de galletas, etc).
Webgrafía:
Adega. Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia
+ Obradoiros Creativos: