Desde Compás Proxectos teremos en conta todas as medidas preventivas frente ao COVID necesarias para manter as distancias e evitar o contacto físico na medida do posible. En calquera caso, nós encargarémonos de explicarche en cada momento como debemos desenvolvernos durante a actividade.
Se tes algún dos síntomas de COVID-19 ou se estás ou estiveches en contacto nos últimos 14 días con algunha persoa con COVID-19, por favor, considera pospoñer a actividade. Imos seguir facendo actividades!
Lávate as mans ou desinféctaas ao comezo e ao final da actividade e sempre que sexa posible durante a actividade, con auga e xabón, xel ou espray desinfectante biodegradable. En particular, as mans deben lavarse ou desinfectarse despois de cada contacto próximo, antes de comer e beber, antes e despois do baño.

Medidas preventivas frente ao COVID
- Practicar unha boa hixiene.
- Non dar a man, utilizar outras formas de saúdo sen contacto físico.
- Lavar as mans frecuentemente.
- Recomendar o uso da tarxeta de crédito ou móbil para limitar a manipulación de cartos en efectivo.
- Desinfectar a miúdo obxectos e superficies como tiradores das portas, mesas, escritorios ou pasamáns.
- Ventilar a miúdo, abrindo ventás ou usando o aire acondicionado.
- Evitar aglomeracións.
- Utilizar reservas e citas para diminuír o fluxo de clientes.
- Limitar a asistencia a reunións.
Ligazón medidas preventivas Turismo Activo COVID-19
Outras suxestións: Melloras ergonómicas
- Establecer un Horario de traballo
- Concretar o espacio físico da casa e concepción do posto de traballo
- Definir a iluminación e ausencia de ruido
- Ventilar e ter un ambiente térmico ao redor dos 20º
- Delimitar a xornada de traballo e o tempo de ocio
- Facer pausas (preferiblemente activas)
Mascarillas para crianzas na realización de actividades socioculturais
No caso de utilizar mascarillas, crianzas a partir de 3 anos deben usar mascarillas hixiénicas acordes a canda rango de idade.
Existen tres tallas, acordes a cada rango de idade, entre os 3 e os 12 anos. Lembra ademáis, que é importante que un adulto supervise a colocación, o uso e a retirada das mascarillas.
As crianzas positivas por COVID-19, con síntomas ou asintomáticos positivas deben usar preferentemente mascarillas quirúrxicas ou hixiénicas con espeficiación UNE.
