MARIDAR Sabor das Mariñas
O 11, 12 e 13 de Setembro de 2020 tivo lugar na praza Irmáns Suárez Picallo, Sada o 2º Encontro de Produtores do Mar e da Terra, Ocio e Turismo promovida pola Federación de Asociacións Empresariais de As Mariñas, co obxectivo de apoiar e axudar a promocionar a riqueza gastronómica, cultural e turística da Comarca de As Mariñas.
Ao longo de tres días celebraranse, no marco da exaltación dos produtos propios da Comarca das Mariñas, diversas actividades e encontros déronse lugar para gozar da diversidade de sabores e opcións de ocio e turismo que ofrecen os produtores da contorna.


Todas as actividades foron de balde, e tivo presentación de produtos locais, encontros entre produtores da contorna, obradoiros de cociña, conferencias, actividades para nenos e nenas, demostracións gastronómicas, premios aos emprendedores de As Mariñas,… sempre xuntando o mellor do mar e da terra.
Aquí vos deixamos nas que participou COMPáS Proxectos
Venres, 11 de setembro
17h. Obradoiro infantil: Ecoloxía e reciclaxe.
18:15h. Encontro: Dinamización empresarial mediante modelos colaborativos. Na que COMPáS Proxectos compartiu mesa con Alda Hoteles Sada Marina e Club Náutico de Sada. Na que compartimos experiencias de dinamización sociocultural e turística dentro da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo coma a A Moa e Pan, unha experiencia de dinamización sociocultural do patrimonio natural, material e inmaterial da cultura galega e unha relación coas panadarías Betanceiras e os Restaurantes certificados da Reserva da Biosfera das MCTM.


Sábado, 12 de setembro
11h. Obradoiro infantil: Traballos manuais con materiais do mar.


17h. Obradoiro infantil: Coñecer os animais mariños.

18h. Cata: ¡Agudiza os teus sentidos!. Na que colaboramos na exaltación dos produtos de Bodegas Rilo, Bodega Bescansa, Portomuiños, Tomates como los de antes e a empresa premiada deste ano de Maridar, o forno San Isidro.

Domingo, 13 de setembro
12h. Obradoiro infantil de cociña: “Aprendendo a comer peixe”.

O Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas é unha iniciativa da FAE Federación de Asociaciones Empresariales de as Mariñas, financiada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Este evento conta tamén coa colaboración de GALP Golfo Ártabro Sur e o Concello de Sada.