Título: Jordi, Xurxo, Jorge
Descrición da actividade:
- Debuxar os pétalos na goma eva
- Recortar os pétalos
- Facer a mesma operación 4 veces
- Facer un buraco en cada un deles para que pase o pao
- Poñer perto da candea para que faga formas e traspasar polo pao
- Recortar na cartolina dúas follas para decorar a flor
- Pegar as follas ao pao
Recursos materiais:
- Goma eva
- Tesoira
- Pegamento
- Plastilina
- Pao duns 15 cm
- Cartolina
- Candea
Outros datos:
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril.
A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura.
+ Outros Obradoiros