Festexando o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo (1920-2020)
O Concello de Sada (A Coruña) e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo celebraron este sábado, día 22 de agosto, o centenario do nacemento do artista Isaac Díaz Pardo.
Paco Pita presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo

A celebración da efeméride incluíu a realización dun mural reproducindo unha das obras do artista galego. A inauguración contou coa presenza de amigos e familiares do homenaxeado.

Durante todo o mes de agosto, a concellería de Cultura programa unha exposición coordinada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. A exposición leva por título ‘Isaac 1920-2020’.



Exposición 100 anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo
20 paneis situados en cinco cubos ao longo da avenida da Mariña, fronte ao edificio da Terraza, poderase contemplar a vida e obra de Isaac Díaz Pardo.
No primeiro cubo, os paneis versarán sobre a cronobiografía do autor e a súa vinculación coas Cerámicas do Castro e o Museo Carlos Maside. Os cubos dous e tres mostrarán a súa faceta artística. Outro servirá para ensinar o debuxo e outras disciplinas artísticas. Finalmente, distintas pezas de porcelana creadas polo artista ocuparán os paneis finais da exposición.

Acto emotivo da Cultura Galega
As persoas participantes foron representando ao concello de Sada o alcalde Benito Portela e a concelleira de cultura, Paola Mondaca. Paco Pita en representación da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo que vanagloriou a figura de Isaac Díaz Pardo ademáis de demandar a protección do patrimonio galego. A escritora Carmen Blanco e o escritor Claudio Rodríguez Fer que agasallaron aos presentes con dous poemas á memoria de Díaz Pardo. Acompañou o acto a música da Asociación Cultural Nova Troula cun emotivo himno galego ao final do evento.
Desde COMPáS Proxectos lembrando a cerámica de Sargadelos impulsada por Isaac Díaz Pardo propoñémosvos a realización deste xarrón a prol da cultura galega: Floreiro Marqués de Sargadelos.