Os próximos días 23, 24, 25 e 26 de setembro celebrarase en Santa Cristina o “III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas. Dieta Atlántica, Cultura e Paisaxe”.

Trátase dun encontro entre produtores do mar e da terra que ademais de ter un carácter festivo e de lecer, contará con diversas actividades de exaltación dos produtos da comarca das Mariñas. A Federación de Asociacións Empresariais de As Mariñas (FAE) coa colaboración da Consellería do Mar organiza para os próximos días 23, 24, 25 e 26 de setembro o III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas en Santa Cristina (Avda. Das Américas) Oleiros. 

A terceira edición do proxecto MARIDAR que se celebrará en Oleiros ten por obxecto o encontro de produtores do mar e da terra, con produtos autóctonos que, ademais de ter un carácter festivo e de ocio, contará con diversas actividades que teñen como finalidade a exaltación de todos o relativo á Comarca das Mariñas, en especial ás súas actividades de carácter empresarial. 

Entre os obxectivos do encontro sinalaremos os seguintes:
– Amosar a riqueza dos produtos do mar e da terra das Comarca das Mariñas.
– Facilitar aos produtores locais o acceso aos mercados máis próximos no perímetro da Comarca das Mariñas. 
– Favorecer a un maior desenvolvemento e fortalecemento das empresas do sector agrícola e marítimo da Comarca das Mariñas.
– Potenciar o consumo de proximidade, favorecendo así a produtores/as locais.
– Lograr alianzas colaborativas entre produtores locais.
– Elaborar un listado de produtos e servizos propios dos concello que formar parte da Comarca das Mariñas merecedores de contar co apelativo de “Sabores das Mariñas”
– Concienciar á cidadanía da importancia do patrimonio cultural, gastronómico, etnográfico, paisaxístico e mariñeiro existente na Comarca das Mariñas.- Dinamizar a economía local, sector pesqueiro e agrícola.
– Promocionar a investigación, modernización e innovación asociados aos produtos da Comarca das Mariñas.
– Posta en valor da artesanía local
– Favorecer o emprego local
– Conectar e colaborar coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, asumindo a importancia da obtención dun selo de calidade ou etiqueta propia para os produtos desta comarca.

Deixar unha resposta