Esta Semana Santa vos propoñemos xunto co Concello de Betanzos un novo evento: unha Gymkhana polo Casco Histórico de Betanzos. Para esta actividade formaremos grupos de 4 persoas para a través de diferentes probas descubrir pouco a pouco o noso patrimonio e a nosa historia dunha maneira divertida e dinámica. Tí serás a protagonista da historia, máis de 800 anos comprimidos nunha mañá histórica.
Se queres participar enche cos teus datos o formulario, avisa a tres amigas máis para que se anoten ao teu equipo.
Inscríbete para vivir a aventura de balde a través do formulario https://forms.gle/KTWdZCf3uyPhzLiu5
Cando? O sábado, 3 de abril ás 12 horas
Idades: 12 a 35 anos
Saída: Liceo de Betanzos
Grupos de 4 persoas
Terán preferencia as persoas empadroadas en Betanzos