Guía de actuación. Conxunto de actuacións e técnicas que permiten a atención inmediata dunha persoa accidentada, ata que chega a asistencia médica profesional, a fin de que as lesións que sufriran non empeoren.
Guía de actuación. OBXETIVOS:
- Manter viva á persoa accidentada.
- Evitar novas lesións ou complicacións.
- Poñer á persoa accidentada o antes posible en máns dos servizos médicos.
- Aliviar a dor.
- Evitar infeccións ou lesións secundarias.
Sempre que se presten primeiros auxilios temos que seguir uns consellos xeráis:
- Actuar con rapidez pero conservando a calma.
- Evitar aglomeracións.
- Non mover á persona ferida salvo que sexa imprescindible.
- Traslado adecuado.
- Non dar á persoa ferida de beber, comer ou medicar.
- Tranquilizar á persoa ferida.
- Manter á persoa ferida quente.
- Facer soamente o imprescindible.
- Se non se sabe, absterse.
- Atención! A mediadora ou monitora tamén deberá protexerse (lubas, protectores no boca a boca…).

FASES DE ACTUACIÓN: “P A S”
PROTEXER O LUGAR DOS FEITOS
Protexer á persoa accidentada e a persoa que socorre. É preferible alonxar o perigo que movilizar á persoa accidentada. Temos que facer seguro o lugar de emerxencia (sinalizar, retirar perigos, iluminar…).
AVISAR AOS SERVIZOS DE SOCORRO: 112
Informar correctamente sobre:
- Lugar exacto.
- Tipo de accidente.
- Número de persoas feridas e situación.
- Identificarse (as chamadas anónimas non inspiran confianza). Contacto COMPáS
SOCORRER: APLICAR OS COÑECEMENTOS
- Actuar rápidamente pero con calma.
- Actuar seguindo unha orde de prioridades:
- Salvar a vida.
- Evitar que se agraven as lesións
- Realizar maniobras sinxelas encamiñadas a evitar lesións.
- Como norma general non inmovilizar á persoa accidentada. Se tiveramos que facelo, movela en bloque.
- Organizar: alonxar ás persoas curiosas e dar instruccións.