Globo de Betanzos

Título da actividade: Globo de Betanzos

Descrición da actividade:

1ªparte. A primeira parte consiste en vaciar os ovos para utilizalos posteriormente na construción do globo. Para vaciar os ovos farémoslle un pequeno buraco en cada extremo do ovo e soplaremos por un dos buracos para que a xema e clara queden no prato e poidamos utilizar a casca como soporte do globo.

2ª parte. Agora que xa temos os ovos podemos pintalos con témpera, guache, acrílico, etc para decoralos coma cada quen o desexe. Feito isto, cortaremos 20 cm de sedal e lle ataremos un trozo de cartolina nun dos extremos e pasaremos o sedal por un dos ovos axudándonos dunha agulla.

Collemos as cartolinas e cortamos unhas 9 tiras de papel de diferentes grosores e cores. Collemos dúas das tiras e facemos unha cruz para fixalas utilizaremos o pegamento en barra. Agora con cada unha das tiras restantes ímolas cruzando polo medio formando un feixe de tiras unidas polo mesmo medio. No medio facemos un buraco axudándonos da agulla pasamos o sedal. E pegamos as tiras ao ovo. Collemos outras dúas tiras para unilas coas outras tiras pegadas no ovo de forma que suxeite o cesto do globo. O cesto do Globo o constuiremos a partir da casca de medio ovo cortado á metade.

Globo de Betanzos é o globo de papel máis grande do mundo que se solta tódolos anos na praza de García Irmáns cada 16 de agosto na honra de San Roque, patrón da cidade de Betanzos.

Recursos Materiais:

  • 2 ovos
  • Tesoira
  • Sedal, corda ou fío
  • Agulla
  • Rotuladores
  • Témperas
  • Pincel
  • Cartolinas de cores
  • Pegamento en barra

Webgrafía:

Concello de Betanzos. Páxina web institucional do Concello de Betanzos

+ Obradoiros Creativos:

Listaxe Obradoiros Creativos

Deixar unha resposta