Garelos Social Club

Que imos abordar neste club?

Neste club iniciarémonos no mundo da estampaxe manual. Traballaremos a partir das técnicas manuais con ferramentas alcanzables e de maneira sinxela. Aprenderemos a técnica do carvado de forma práctica e poderás usar as túas propias ilustracións, debuxos ou calquera material gráfico que che interese utilizar, pero se o prefires, tamén che proporcionaremos referentes para comezar a traballar. Probaremos diferentes tintas e estamparemos os nosos selos sobre múltiples soportes.

Traballaremos co debuxo como ferramenta de pensamento, pracer, comunicación, memoria e autoconocimiento. A través do debuxo buscaremos a forma de desenvolver a nosa creatividade. Liñas, manchas, pintura, cor, composición ou perspectiva serán algúns dos conceptos que nos acompañarán ao longo das xornadas. Coa axuda de diversas dinámicas non haberá nada que se nos resista.

Mergullaremos nas técnicas de encadernación. Abordaremos as técnicas máis creativas para realizar nosas propios cadernos, cartafoles, arquivadores…Tamén faremos o noso propio papel reciclado.

Desde o Club interesámonos por todas as artes: veremos técnicas escultóricas, faremos papiroflexia, fotografía… e estaremos moi atentas ás tendencias que nos vaiamos atopando.

Presentación do CLUB: 26 de Setembro de 2020

Donde? Hotel Garelos, Betanzos.
Cando? A partir de Outubro do 2020, todos os sábados de 10:00h. a 12:00h.
Con quén? Co equipo de Compás Proxectos, detrás están Rocío e Fran.
Que preciso? Gañas de pasalo ben. Non se precisan coñecementos previos.
Debo levar o meu material? Desde Compás Proxectos encargarémonos de levar o material que precisas para cada sesión.
Existe límite de prazas? Sí, o aforo é limitado a 8 persoas.
Cuota Garelos Social Club: 80€/mes, inclúe todos materiais e merenda para compartir xuntas. (25€/día)

PROGRAMA Garelos Social Club

OUTUBRO 2020
Día 3. Como facer papel marmoleado
Día 10. Como facer o noso propio cartafol
Día 17. Traballar con Tinta
Día 24. Facemos o noso propio papel?
Día 31. Facemos nosa propio caderno?

NOVEMBRO 2020
Día 7. Carvado de selos
Día 14. Estampaxe
Día 21. Estampaxe téxtil. Pano
Día 28 Estampaxe téxtil. Tote Bag

PRÓXIMAMENTE DECEMBRO 2020

Garelos Social Club