Feira da Cebola Chata de Miño

As rúas engalanadas na Feira da Cebola Chata de Miño

Feria da Cebola Chata de Miño

Hoxe estivemos na Feira da cebola chata de Miño que ten lugar o primeiro domingo de agosto nunha das rúas principais do pobo. A Feira ten como obxectivo principal a posta en valor da cebola chata.

A cebola chata, produto local, chega ao mercado antes cas outras. Mentras noutras zonas teñen que esperar máis tempo en Miño xa está a ser cociñada.

Os produtos da horta na feira da Cebola Chata de Miño

Características da Cebola Chata

É unha das primeiras en sair e consérvase máis tempo cos outros tipos de cebola polo que permite tela na despensa un periodo de tempo máis longo. A cebola chata de Miño é suave e sabrosa mantendo un lixeiro picor que a fai deliciosa tanto en ensaladas como en crudo. Nas empanadas fai que os seus xugos non enmudezan a masa.

Que máis te podes atopar na Feira da Cebola Chata de Miño?

Ademáis do produto protagonista da feira, aprovéitase este evento para enxalzar a gran variedade dos produtos da horta galega. Ao longo desta xornada, levan a cabo distintas representacións de vellas tradicións como pode ser a confección de pezas téxtiles a través de lá de ovella. A representación narra todo o proceso: o rape, o cardado, o fiado e a calceta. Tamén pódese gozar coa representación da ‘malla’ do trigo con métodos de fai máis dun século.

Ao longo da feira sucéndese diferentes espectáculos adicados as crianzas e as persoas adultas. Esta vez poidemos gozar con O Capitán Garfo. Saúl System, músico, musicólogo, mestre de Educación Musical e profesor de piano con ampla experiencia nas artes escénicas, especializado no entretemento musical dirixido a un público familiar e infantil entre os 4 e os 12 anos.

Actuacións e actividades da Feira da Cebola Chata de Miño

Se pasas por Miño non deixes de degustar os produtos feitos coa súa cebola chata. E se queres coñecer o seu concello a través das nosas rutas e experiencias. Prepárate para a semana que vén porque estaremos na Ponte do Porco cunha actividade Veggie Ioga

Deixar unha resposta