Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Gymkhana polo Casco

3 Abril 2021 | 12:00 13:30

Esta Semana Santa vos propoñemos xunto co Concello de Betanzos un novo evento: unha Gymkhana polo Casco Histórico de Betanzos. Para esta actividade formaremos grupos de 4 persoas para a través de diferentes probas descubrir pouco a pouco o noso patrimonio e a nosa historia dunha maneira divertida e dinámica. Tí serás a protagonista da historia, máis de 800 anos comprimidos nunha mañá histórica.

Se queres participar enche cos teus datos o formulario, avisa a tres amigas máis para que se anoten ao teu equipo. 

Inscríbete para vivir a aventura de balde a través do formulario https://forms.gle/KTWdZCf3uyPhzLiu5

Cando? O sábado, 3 de abril ás 12 horas

Idades: 12 a 35 anos

Saída: Liceo de Betanzos

Grupos de 4 persoas

Terán preferencia as persoas empadroadas en Betanzos

De balde