Entroido de samede danza

A veciñanza da parroquia de San Xulián de Vigo, pertencente ao concello de Paderne (2394 habitantes), celebrou hoxe, domingo, 1 de marzo do 2020, o entroido de Samede.

As máscaras, vixigueiros, carolos e outras personaxes místicas e naturais foron chamando ao longo dos camiños de Paderne ás portas das veciñas e veciños do lugar. 

Unha gran multitude de persoas déronse cita para participar do evento, máis activamente disfrazándose como maneira de acompañamento a través das pistas da parroquia.

O espantallo e a besta interactuaban con toda persoa que atopaban.

As crianzas acompañadas de persoas adultas participaron nas danzas ao chegar ao campo da festa para ir quentando a troula.

Os sombreiros adornados con flores e con moitas cores escenifican a algarabía e o momento no que o inverno está a piques de rematar para dar entrada á primavera. Elementos florais identificativos do propio entroido de Samede.

Tradición e contemporaneidade déronse cita no lugar da festa.

O gran baile tivo lugar coa Muiñeira Cruzada.

 

A recuperación do patrimonio inmaterial galego da nosa contorna é un claro motor dinamizador do medio rural que facilita e promove a interacción social e a búsqueda da identidade das persoas co seu territorio.

Entroízate no Samede !!! Lume !!!

Deixar unha resposta