Emprendemento: hoxe La Voz de Galicia, publica un artigo da situación das persoas Arenazers do Pazo de Arenaza . Persoas que seguen a traballar no seu desconfinamento aportando novas ideas e fórmulas de traballo.

COMPáS Proxectos, traballando desde a casa deseñando novos produtos e propostas.
Emprendemento: «Estou cambiando a miña proposta de servizos. Tiven que paralizar completamente a actividade. Por iso estou a desenvolver unha plataforma de obradoiros e a venda de kits creativos».
Francisco Porto, CEO COMPáS Proxectos Animación Sociocultural e Turística
Filosofía do Kit e do Xogo. Unha nova fórmula de emprendemento.
Nestes tempo nos que o pragmatismo é a eficacia por excelencia. A filosofía do esencial fai que simplifiquemos e fagamos o kit á medida da nosas vidas.
Faino ti é un kit creativo para os amantes das artes plásticas e técnicas artesanais. Cada un dos kits ten todos os materiais para realizalo de maneira sinxela. A diversión está asegurada. Unha vez que o tes nas túas mans na que o patrimonio material e inmaterial galego está presente en todo o proceso.
Unha vez que te poñas co pé no rego, verás como comeza a fluir as ideas, os deseños e a creatividade. Unha experiencia que te levará polos carreiros das artes visuais, da construcción, do deseño … fomentando a área creativa que levas dentro.
Ademáis de tratarse dun proceso creativo ten unha finalidade funcional. Xa sexa á hora de crear un obxeto decorativo ou de cubrir unha necesidade como deseñar unha camiseta e comezar a ser parte da túa indumentaria.
Tamén o proceso é un xogo didáctico. No que aprenderás facendo durante todo o proceso a través de píldoras da historia e etnografía de Galicia.
Este xoguete educativo tamén leva consigo o uso e ensino da lingua galega a través das fichas que acompaña o kit. As curiosidades, lendas, definicións, etc. encherán as ilustracións dos kits.
Kit PINs. Fai o teu propio pin
Con Kit PINs poderás crear os teus propios pins de maneira creativa e divertida. Nel atoparás tódolos materiais e instruccións para poder facelos.
Edición limitada: 20 kits