Título da actividade: Diana Cazadora (Debuxa e colorea)
Descrición da actividade:
Diana Cazadora é un fanzine participativo no que exploraremos a combinación de cores, destrezas plásticas e o debuxo.
Primeiro imprimiremos o fanzine que está á vosa disposición en PDF descargable que o teredes que imprimir polas dúas caras (aproveitamento do papel e sosteniblidade) . Unha vez impreso vemos que o fanzine consta de varias partes. Unha primeira parte explicativa dun elemento patrimonial de Betanzos: A fonte de Diana Cazadora, datada do ano 1867, na que se explica un pouco a orixe e o seu valor patrimonial. Outra parte na que se trata de experimentar a combinación de cores coloreando o interior da contorna de Diana Cazadora, outra parte e debuxar tendo coma exemplo a anterior imaxe e por último a interpretación persoal no debuxo.
Outros datos:
Diana Cazadora, na mitoloxía romana, deusa da caza, protectora da natureza e da Lúa. Na mitoloxía grega, a deidade leva o nome de Artemisa.
Fanzine é unha publicación artesanal, feito a man, simplemente fotocopiados ou con técnicas de impresión máis modernas. Están ligados aos medios de edición de baixo custe na que se publica de forma libre e directa para compartir diferentes expresións culturais.
Recursos Materiais:
- Impresora
- Tinta negra
- 2 Papel A4
- Rotuladores, pinturas, ceras de cores, etc
Bibliografía:
Torres Regueiro, X; García González, A.: As fontes no concello de Betanzos. A.C. Eira Vella, Betanzos, 2011
Webgrafía:
Patrimoniogalego.net Plataforma para a defensa do patrimonio cultural galego
PDF descargable:
Descargar: Diana Cazadora – Fanzine 01
+ Obradoiros Creativos: