Título: Danza dos Mariñeiros .O danzarin Mariñeiro
Descrición da actividade:
Descargar a plantilla do Danzarín Mariñeiro. Recortar a plantilla e facer os buracos. Unir o corpo do Danzarín Mariñeiro coas outras partes do corpo cos encadernadores. Pegar pao por detras do Danzarín Mariñeiro. Colorear cas cores típicas do traxe do Danzarín Mariñeiro
Recursos Materiais:
- Tesoira
- Rotuladores
- Pao duns 20 cm
- Encadernadores de latón
- Lapis
Kit PINs. Fai o teu propio pin
Con Kit PINs poderás crear os teus propios pins de maneira creativa e divertida. Nel atoparás tódolos materiais e instruccións para poder facelos.
Edición limitada: 20 kits
Bibliografía:
Linares, Juan J. O baile en Galicia. Ed. Galaxia, 1986.
Información complementaria sobre a Danza dos Mariñeiros de Betanzos
A Danza dos Mariñeiros de Betanzos é unha danza gremial imprescindible nos actos públicos e relixosos das vilas galegas.
A vestimenta consiste en camisa e pantalóns brancos, faixa e gorro vermellos. Levan arcos nas máns adornados con cintas de cores e flores.
A danza ten varias partes. Primeiro sae un deles vestido de Demo; leva máscara con cornos e unha forcada na man dereita. Seguíndoo saen outros dous danzantes ondeando e portando dúas bandeiras, coas que xogan burlando o aire. O demo continúa mesturándose entre a xente facendo cabriolas, pinchacarneiros, xogos ca forcada …
Seguindoo saen os abandeirados e detrás o resto dos danzantes. Cada dous danzantes levan un arco que van facendo eses e diferentes xogos e figuras formando finalmente un círculo grande. Dentro do círculo loitan os abandeirados contra o demo e o derrotan. O resto dos danzantes comenzan a danzar ao redor e finalmente desaparece o demo cos seus saltos.
Danzas de Betanzos
Mariñeiros ou Mareantes, Labradores, Zapateiros, e Xastres o Alfaiates. Todas elas conforman a preponderancia económica e social durante a Idade Media en Betanzos, declarado o seu casco histórico Ben de Interés Cultural Histórico – Artístico.
PDF descargable
Descarga a Plantilla: O Danzarin Mariñeiro
A plantilla axudarache no deseño do danzarín Mariñeiro. Para isto vas a precisar dunha impresora con tinta 😉
+ Outros obradoiros