Dado de papel. Papiroflexia

Título da actividade: Dados da sorte

Descrición da actividade:

Primeiro collemos un A4 e dobramos á metade pola súa parte máis curta e cortamos pola liña marcada. Unha vez realizado collemos unha punta e a levamos a un lateral e recortamos pola liña marcada. Este proceso o teremos que repetir 5 veces porque necesitaremos construir 6 pezas para conformar o cadrado. (O ideal é ter cortados 6 cadrados de 10 x 10 cm).

Con cada un dos cadrados de 10 x 10 cm teremos que repetir a seguinte secuencia de dobraxes:

  1. Dobrámolo á metade
  2. Cada metade a dobramos de novo
  3. E volvemos a dobrar xuntando as dúas partes
  4. Abrímolo e dobramos cada metade de abaixo cara arriba
  5. Volvemos a abrir e quedan dúas pestañas que teremos que meter cara o interior
  6. Unha vez realizado introducimos dentro desa pestaña a outra metade
  7. Dámoslle a volta e dobramos facendo un triágulo en cada unha das dúas metades

Unha vez feito 6 coma esta as uniremos para formar o noso cadrado.

Recursos Materiais:

  • Dúas follas A4
  • Rotuladores
  • Ceras
  • Pinturas acrílicas

Outros datos:

Origami, arte xaponesa do pregado do papel na que se combina ciencia e creatividade

Webgrafía:

Asociación Española de Papiroflexia. Organización que fomenta e promove o disfrute e a práctica da papiroflexia.

+ Obradoiros Creativos:

Listaxe Obradoiros Creativos

Deixar unha resposta