Título: Dadacollage
Descrición da actividade:
- Coller unhas cartolinas de cores que teñades pola casa e facer diferentes formas. Tamén podedes debuxalas e pintalas cos rotuladores.
- Coller a tesoira e sen pensar moito, cortar formas.
- Cando teñamos as formas, collemos un papel ou cartolina como soporte.
- Coller as formas e tíraas desde arriba ao papel ou cartolina.
- E xa o teríamos, este é o noso collage automático seguindo os pasos do gran artista Jean Arp.
Recursos materiais:
- Papel
- Cartón ou cartolinas
- Lápis
- Rotuladores
- Tesoira
- Pegamento
- E o azar
Biografía:
Hodge, Susie. Arte moderno e contemporáneo. Ed. Blume, 2018.
Unha pincelada:
Jean Arp foi un escultor, poeta e pintor francoalemán. Foi un dos fundadores do movemento coñecido coma Dadaísmo.
O Dadaísmo xorde coa intención de destruir os códigos e sistemas establecidos no mundo da arte. É un movemento antiartístico, antiliterario e antipoético, xa que cuestiona a existencia da arte, a literatura e a poesía.
Jean Arp tamén disfruta co que chama ” as leis do azar” nos seus debuxos automáticos e os seus collages executados fixando papeis recortados que deixa caer ao azar.
Nas súas palabras, ” o azar parecíanos un proceso máxico que a través del podíamos trascender as barreiras da causalidade e da vontade consciente, e a través dela o ollo interior e a orella volvíanse máis sutiles, de forma que surxiran novas series de pensamentos e de experiencias”
+ Outros obradoiros