Unha empresa de Betanzos ofrece rutas e contidos formativos sobre a historia e as tradicións da comarca

COMPáS Proxectos, unha empresa betanceira, de turismo activo, lecer e tempo libre, ofrece este verán de pandemia ocio educativo para todos os públicos na Comarca das Mariñas. A firma, de recente creación, abre a tempada de verán con dúas rutas polos concellos de Betanzos e Paderne, nas contornas naturais do río Pelamios en Betanzos e as Fragas do Mandeo en Paderne.

A primeira ruta A Moa e o Pan terá lugar os sábados do mes de agosto entre as 10:00h e as 12:30h. A ruta interpretada e con guía didáctica recorrerá o río Pelamios no que se poderá ver diferentes muíños, nos que se explicará o seu funcionamento, a cultura galega que se creou ao redor dos muíños e que aínda pervive actualmente a través do folclore e o gozo do espazo natural na que se explicarán a fauna e flora que habita no lugar.

A ruta está pensada tanto para persoas adultas como para mozas e mozos a partir dos 9 anos. Os grupos son reducidos a 7 prazas para que a experiencia sexa máis aproveitada e cumpliranse os protocolos COVID de distanciamento social e uso de máscaras ao longo da ruta. A dificultade
da ruta A Moa e o Pan consta de 6 km é baixa.

A segunda ruta Sapos, Coruxas e Bruxas é un sendeiro interpretado pola contorna de Chelo (Paderne) na que ademáis de disfrutar da paraxe natural, visitaranse as ruinas do antigo balneario do Bocelo. A ruta transcurrirá ao longo da oscuridade para explorar a ausencia de visión e como os sons máxicos do espazo fan coñecer a natureza e a vida do bosque pola noite.

Ademáis dos sons do río teremos a oportunidade de ver sapos, píntegas e limpafontes. E se o permite a claridade da lúa as estrelas e o despegar ao lonxe das bruxas dende o monte da Espenuca. Esta experiencia rematará cunha queimada para espantar aos malos espíritus realizando o
conxuro: “ Sapos, coruxas, … “. A ruta son uns 6,5 km paseando polas fragas do Mandeo. A dificultade é baixa. Como todas as nosas rutas os grupos son reducidos a 7 persoas para gozar plenamente da experiencia e cumplir cos protocolos COVID

O transfondo educativo está permanent mente introducido nas nosas propostas, unha apredizaxe que ten lugar cos paseos pola contorna en forma de rutas. “Desde COMPáS Proxectos traballamos co patrimonio material civil e relixoso como poden ser os muíños, o balneario, a curtidoría, etc. A lingua galega e a cultura galega é outro dos pilares fomentando a identidade do territorio e o seu patrimonio inmaterial. E o coidado do medio ambiente e da posta en valor do patrimonio natural da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” sinalan os responsables da firma, entre os que está o betanceiro Francisco Porto.

“Tranversalmente construimos as nosas propostas en valores de igualdade, promovendo o respecto entre as persoas e unha linguaxe inclusiva. Accesibilidade, á hora de que todas as persoas podan gozar aprendendo sen limitacións. E sostenibilidade á hora de gozar do patrimonio natural no que nos atopamos introducindo o respecto pola natureza e a súa conservación” salientan.

Outras propostas de COMPáS Proxectos

Ademáis das rutas educativas, COMPáS Proxectos está a desenvolver dous tipos de accións no eido da creatividade en Betanzos. Unha son os Kits Creativos, nos que se traballan diferentes tipos de destrezas ao carón da exploración creativa e do patrimonio de Betanzos. O primeiro kit é
Fai o teu Propio Pin, dispoñible na web de COMPáS.

A segunda é Garelos Social Club, unha proposta dun clube de Arts and Crafts no Hotel Garelos, na que ao longo de varias quendas compártese as creacións das persoas participantes. Os obradoiros xiran desde a encadernación, a elaboración de papel artesanal, a estampación, etc. Como complemento ao Club estanse a programa diferentes actividades coma catas, visitas a museos, espazos, etc.

Rural Sketchers é unha proposta para debuxar e pintar en compañía, diferentes espazos abertos ao aire libre das zonas rurais de Betanzos, Paderne, Coirós, Sada, Miño, etc. Na que ademáis de disfrutar da compañía doutras persoas que gozan debuxando, estarase aprendendo á expresarse a través do trazo e da representación pictórica. Non é necesaria experiencia previa.

Le a noticia no XORNAL DE BETANZOS

Deixar unha resposta