Cartafol Carpeta Portafolios

Título: Cartafol Non perdas os papeis

Recursos Materiais:

  • 1 botella de plástico (material de refugallo)
  • Cartón (material de refugallo)
  • Tesoira
  • Témperas
  • Esponxa
  • Cutter
  • Punzón
  • Corda elástica

Descrición da actividade:

  1. Recortar unha botella e facer cadrados de plástico.
  2. Cada cadrado cortar por dentro unha figura: estrela, cadrado, rectángulo, formas varias, etc.
  3. Coller pintura coa espoxa e esparcer ao longo do cartón coas plantillas
  4. Deixar secar
  5. Dobrar á metade
  6. Facer dos buracos na parte máis ancha centrados ao medio e separdos uns 5 cm.
  7. Pasar a corda elástica polos buracos e atar.

Definición

RAG

Carpeta grande na que se gardan papeis, documentos etc., que se adoita pór riba da mesa do escritorio para escribir sobre ela.

Un cartafol de coiro. SINÓNIMO cartapacio

Outros datos:

Formato dos cartafoles segundo o formato do papel (Norma ISO A).

A idea na normalización dos formatos é aproveitar o papel ao máximo de modo que o desperdicio sexa o mínimo posible fomentando a sostenibilidade.

TamañoAncho x Alto (mm)
4A01682 x 2378 mm
2A01189 x 1682 mm
A0841 x 1189 mm
A1594 x 841 mm
A2420 x 594 mm
A3297 x 420 mm
A4210 x 297 mm
A5148 x 210 mm
A6105 x 148 mm
A774 x 105 mm
A852 x 74 mm
A937 x 52 mm
A1026 x 37 mm

Os cartafoles de papel, normalmente están feitos de celulosa de fibra larga como papel Kraft ou papel de Manila . Existe unha gran variedade de cores para a súa fabricación en canto a función do material. A cor máis común é o amarelo claro (tamén chamado Manila).

+ Obradoiros Creativos

Lista de Obradoiros Creativos

Deixar unha resposta