Carné Xove
O carné xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega. Expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes.
Donde? En múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).
Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos.
Descontos
Como resultado, o obxectivo é facilitarlle aos mozos e mozas de 12-30 anos o acceso a bens e servizos de todos os ámbitos (cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.) a través de descontos ou vantaxes. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa. Polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Igualmente, entre as prestacións destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.
Descontos COMPáS (Lembra traer contigo ás rutas e obradoiros o carné xove para comprobar a vericidade dos datos)
Códigos válidos 2022
20% desconto en Rutas ECOturísticas. Código desconto: 7HUG527J
10% desconto en Talleres Creativos. Código desconto: BU4NSTNK