Título: As lupas de Castelao
Descrición da actividade:
Coller o tubo do papel hixiénico e pintalo coas ceras, rotuladores ou pinturas acríclicas de varias cores.
Recortar o tubo pouco menos da metade.
Marcar con dúas liñas separadas dividindo o tubo recortado en tres partes iguais.
Recortar sen chegar ao fin polas dúas liñas.
Enrolar a liña do medio e abrir as partes que quedan a cada lado formando a estrutura dunhas lentes.
Recortar do tubo dúas circunferencias e cortalas á metade ( farán de patilla da lente)
Estender e pegar cada unha das patillas ás lentes.
Recursos materiais:
- Tubo excendente do papel hixiénico (material de refugallo)
- Cutter
- Tesoira
- Pincel
- Rotuladores, ceras ou Pinturas acrílicas.
Webgrafía:
Daniel Rodríguez Castelao vía Real Academia Galega
Castelao foi un intelectual fundamental do galeguismo galego comprometido ca súa terra Galicia que quedou reflectido tanto na súa obra literaria coma pictórica: Os dous de sempre, Cousas, Galiza mártir ou Atila en Galiza.
+ Outros Obradoiros