Andaina Herbas de San Xoán

No San Xoán as bruxas fuxirán

A andaina Herbas de San Xoán continua a tradición ancestral do día de San Xoán, unha parte do patrimonio inmaterial e natural de Galicia.

Noite Máxica

A noite de San Xoán é unha noite cunha gran riqueza de rituais. Auga, lume e vexetación son os tres elementos primordiais na celebración desta noite meiga que marca a chegada do verán. Un dos ritos máis máxicos é deixar, ao resío da noite, un feixe de herbas de San Xoán a macerar nunha cunca de agua. E pola mañá, lavarse con estas augas e ficar así purificadas e perfumadas ademáis de espantar aos malos espíritos. Meigas Fóra!!!

A andaina Herbas de San Xoán comezou á beira da fonte da Diana Cazadora (na praza dos Irmáns García Naveira, máis coñecida coma o Campo), deusa da caza e da natureza que nos guiou polas ribeiras da Ría de Betanzos. Trasladounos ata Betanzos, o vello, orixe da vila e atravesamos Caraña e os seus muiños. Despois dunha hora aproximámonos a desembocadura do río Pelamios para chegar de novo a Betanzos.

Andaina Herbas de San Xoán

Para este ritual non serve calquera herba. Teñen que ser unhas herbas en particular (Herba luísa, malva, tormentelo, abeluria, estalote, xesta, fento ou fiúncho). As primeiras herbas que poidemos atopar ao adentrarnos nos camiños dos montes foron o fiuncho e o fento. Ademáis de seren os máis cotiás da zona e que podemos atopar ata nalgún recuncho da vila. Dise que o fiuncho protexe do mal de ollo. Se o conservar nun saquiño con sementes, axuda a conservar a saúde. Por outra vía, a lenda conta que o fento na noite de san Xoán bota flores coas que facer feitizos.

Todas estas herbas as podemos atopar nos espazos naturais da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Convidámosvos ao ano que ven a percorrer esta andaina Herbas de San Xoán para recolectarlas e levar a cabo este costume ancestral.

Deixar unha resposta