OBRADOIROS DE EXPRESIÓN PLASTICA PARA NENAS E NENOS

Partimos da base de que a creatividade é unha capacidade realmente valiosa, non só para o ámbito artístico, se non para calquera aspecto da vida. Este proxecto está concibido como un taller deseñado para que a partir de técnicas de expresión plásticas podamos estimular e desenvolver a creatividade, principalmente en nenas e nenos de primaria. Con este proxecto relacionamos arte e creatividade no Casco Histórico de Betanzos.

As nenas e os nenos teñen unha forte capacidade á hora de expresar a súa imaxinación. Non teñen ningunha norma, nin ningún medo, non entenden de rigorosas marxes, nin teñen unha idea forxada do concepto arte. Desenvolver a creatividade non é saber debuxar, é deixarse levar e facer e pensar o que outros fan de forma distinta. Que pasaría se a estes nenas e nenos ofrecésemoslles certas actividades para que esta creatividade siga aumentando?

Metodoloxía
– Xogar co práctico e o teórico de forma eficiente; ensinar-aprender o proceso creativo.
– Un lugar onde a comunicación é moi importante e ofrece ao usuario satisfacer as súas necesidades comunicativas e onde pode desenvolver a súa intelixencia social e a creatividade colectiva.
– O neno e a nena é o xestor da súa aprendizaxe, o ambiente do taller permite adquirir a capacidade de decisións, necesaria para desenvolverse o proceso creativo.
– O xogo como ferramenta

Os principais obxectivos son:
– Desenvolvemento do proceso creativo
– Coñecer o uso e a función dos sentidos
– Realizar obras artísticas de forma individual
– Coñecer a arte e reflexionar sobre el
– Adquirir coñecementos básicos sobre Historia da Arte
– Obter maior destreza e técnico artística
– Coñecer diversos materiais plásticos e como se usan

Contenidos
– Proceso creativo
– Bosquexos
– Debuxo e Pintura
– Uso de materiais novos
– Colaxe
– Modelaje
– Fotografía
– Coñecementos sobre Historia da Arte
– Recoñecemento de diferentes obras e artistas

Lugar: Alecrín Betanzos. Rúa Roldán, 2. Betanzos, A Coruña
Cando: Decembro 2020
Horario: Venres á tarde (duas quendas): 16:30 a 17:30h // 18:00- 19:00h
Sábados pola mañá (duas quendas): 11:00h a 12:00h // 12:15h a 13:15h
Duración: 1 hora
Nº de prazas: 5 por quenda
Prezo: 15€ /sesión – 40€ /mes
Materiais incluidos
Reservas: tlfno. 636 044 442 – Correo: buscaonorte@compas.gal
Observacións: Recoméndase traer mandilón
 *Aplicaranse as medidas pertinentes do protocolo COVID-19