Estampación artesanal

Título: Agasallos Cuki Cuki (Pataca Stamp)

Descrición da actividade:

Recortar a forma do selo de goma eva. Mellor figuras xeométricas que ocupen a superficie do tapón pero que non a sobrepasen.

Pegar o recorte de goma eva no tapón cn pegamento ou cola.

Poñer un pouco de pintura acrílica na base de mezclas.

Tintar o selo e imprimir no papel escollido.

Realizar a composición combinando selos e cores.

Recursos Materiais:

  • Goma eva
  • Tapóns de botellas de auga (material de refugallo)
  • Papéis
  • Pinturas acrílicas
  • Pegamento
  • Pincel
  • Base para misturar cores

Notas:

Goma Eva. O etilvinilacetato, coñecido tamén coma goma EVA, foamy, foami, espumoso ou EVA foam) é un polímero termoplátstico feito por unidades repetitivas de etileno e acetato de vinilo.

+ Outros Obradoiros Creativos

Listaxe Obradoiros Creativos

Deixar unha resposta